Até o de agora o Clube Mar de Almería vai encabezando a clasificación xeral, mais aínda quedan varias probas para coñecer os nomes dos ocupantes do podio.
O Club Náutico de Portosín, o organizador deste campionato, conseguiu reunir estes días na ría de Muros-Noia a 41 barcos chegados dende Cartaxena, Palma de Mallorca, Almería e representantes de distintos clubs galegos como o Marítimo de Canido, o Real Club Náutico de Vigo, o Liceo Casino de Vilagarcía -que parte como favorito-, e mailo anfitrión, o Náutico de Portosín.
Até o de agora o Club Mar de Almería vai á cabeza da clasificación xeral provisional. Os primeiros galegos na clasificación son terceiros na xeral, os compoñentes do equipo de regatas do Liceo Casino de Vilagarcía, Rodrigo Abalo e Joaquín Miñones.
Nesta copa, vanse celebrar de 9 probas, das que, polo menos dúas han de ser completadas para dar por válido o campionato. Os podios hanse repartir en en tres categorías: Absoluta, Feminina e Infantil.
Para darlles momentos de lecer aos nenos e nenas que compiten en Portosín, a organización tamén vai desenvolver varias actividades, como xogos populares na praia e nas propias instalacións do club, con actuacións de maxia incluídas.