Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Se a Xunta non negocia con eles

CCOO e CSIF farán un paro no servizo contra incendios a finais deste mes

Os dous sindicatos anunciaron que teñen previsto convocar dúas xornadas de folga, os días 19 e 31 de xullo se a Xunta non atende as súas reivindicacións antes do día 15.

Redacción - 18:27 09/07/2007

O persoal laboral do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais (SDCIF) destes dous sindicatos parará nas dúas xornadas se a Xunta non equipara "as súas condicións laborais ás do resto do seu persoal", dixo na segunda feira Emilio Doforno, coordinador deste sector de CCOO.

Os dous sindicatos fixeron tamén un chamamento ás demais organizacións sindicais "para que se coloquen ao lado dos traballadores na reivindicación dunhas condicións de traballo dignas", que, segundo Doforno, non dan chegado após 18 meses de negociacións coa Consellaría do Medio Rural.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: