 
 
O crego, Christian Federico Von Wernich, négase de momento a prestar declaración.
"A dor é unha forma de redimir o mal que hai nun. Vostedes teñen que abrazar a súa cruz, porque o mal cúrase con castigo". Así conta algunha vítima que sobreviviu ás torturas, que xustificaba Von Wernich as agresións das que eran obxecto os presos e nas que indirectamente el colaborou. Entre outros, está mesmo acusado de extraerlles información no confesionario a determinadas persoas, datos que despois eran usados para a súa detención.   
  
  Coa chegada da democracia, Von Mernich permaneceu oculto nunha pequecha vila afastada de Bos Aires. Aló foi descuberto por veciños que se botaron á rúa para pedir que marchase do lugar. Durante longos anos, recibiu a protección da xerarquía eclesiástica arxentina para seguir pasando desapercibido.   
  
  Recomendámoslles ampliar na prensa arxentina:   
  
  En Clarín: Un crego a xuízo por crimes e torturas 
  
  En Página 12: Agora mata calando
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto