Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Debate do estado da nación"

O PNV láiase das cancelas ao Estatuto vasco

"Non" para a reforma estaturia e "seca radical" nas transferencias do Estatuto vixente, foron as queixas principais de José Ramón Beloki, deputado do PNV, na sesión deste xoves.

Redacción - 14:41 05/07/2007

"Non hai explicación razoábel para isto", criticou o representante do Partido Nacionalista Vasco durante a súa intervención este xoves no Debate do estado da nación.

Beloki recordou que a actual lexislatura comezara coa negativa do Congreso á reforma estatutaria proposta polo Parlamento vasco, e reprochoulle ao goberno español que na altura de 2007 teime en nin sequera acceder aos traspasos competenciais aínda pendentes sobre o Estatuto de Gernika.

Beloki censurou que os socialistas rexeiten agora o que en 2003 e antes de acceder ao poder un ano máis tarde, presuntamente apoiaban. "Daquela votaron en favor da mesma proposta que este xoves presentamos no Congreso", expuxo o nacionalista vasco.

Por outra parte, Beloki adicoulle apenas un par de minutos ao final da súa intervención a tratar a lea antiterrorista, criticando, en alusión ao PP, que haxa quen presente iniciativas coas que lle "dan aire aos terroristas".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: