Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
33 EUROS AO MES

Unha empresa ofrece empatar mails e webs de todo o mundo con números

Varios mozos suízos crean unha plataforma para xuntar nunha soa páxina todos os enlaces posibles dos usuarios

Redacción - 13:53 05/07/2007

Un grupo de empresarios de Zurich abriu unha web que substitúe aos nomes das páxinas e os enderezos de correo eletrónico por números, para facilitar, din, a vida aos usuarios, do mesmo xeito que os números das matrículas facilitan a identificación de vehículos ou os dos pasaportes aos pasaxeiros. Así, crearon mypagenumber.com, como unha plataforma de publicidade, un motor de busca ou un xogo para os seus usuarios.

O mecanismo de mypagenumber.com é sinxelo: na páxina principal, existen campos cheos de números. Os amigos dos fundadores xa marcaron uns poucos destes campos para eles mesmos. Os números que xa foron adquiridos están sinalados cos nomes destes donos. Se se despraza o rato sobre un campo, o logo do inquilino queda amosado. Ao facer clic sobre o campo conéctase directamente ás súas respectivas páxinas webs e direccións de e-mail.

Honorarios anuais ou poxas

O aluguer mensual dun número é de 33 euros. Se un número segue estando dispoñible, calquera usuario pode alugalo por uns honorarios anuais. Pretenden crear combinacións de números únicas. Así, a compañía está a poxar números como 777 ou 111 ó que poxe máis alto.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: