Unha chamada anónima a un medio de comunicación galego alertou da suposta presenza dunha bomba no recinto onde se ía realizar o exame.
As 4.723 persoas que se presentaban aínda non entraran ao recinto. Como indica a Consellaría de Sanidade, non foi necesario o desaloxo do recinto, pero si o aparcamento. O inicio do exame para Oferta Pública de Emprego do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) estaba previsto para as 9.30, pero finalmente comezou ás 10.30, logo de ser inspeccionado o recinto polos efectivos de desactivación de artefactos explosivos da Coruña.
Case 5.000 persoas concorren na OPE 2006 para optaren a 837 prazas, das que 585 son para especialistas, 142 para médicos de familia e 46 para farmacéuticos de Atención Primaria, ademais de 64 para farmacéuticos de inspectores da Dirección Xeral de Saúde Pública.