Os membros do CTGA-RCN Vigo volveron de Banyoles con dous ouros e tres pratas. Destacaron entre oitenta clubes e máis de cincocentos remeiros de todo o Estado.
De entre todos os remeiros destacaron os compoñentes do catro scull absoluto, Jesús González, José Ignacio Bugarín, Juan Estefanell e Alfonso Riveiro, que volveron gañar -xa o fixeran en 2006- na súa categoría, ficando coa medalla de ouro.
Tamén ficou cun título de campión Franco Cobas, na modalidade skiff veterán; e a prata levouna o seu compañeiro, Ángel Rodrigo Lucio.
As mozas tamén trouxeron medallas para Vigo
As noviñas campionas estatais de bateis e traineiriñas, Laura Prada e Iris Martínez, acadaron a prata no dous sen xuvenil.
Outra prata máis foi para o catro veterán formado por Juan Manuel del Moral, Baltasar Márquez, José F. Álvarez, Antonio Álvarez Bastero e Álex Cerviño, no timón, tamén do clube vigués.