Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Patrimonio submarino

Cultura creará en Vigo un parque de arqueoloxía subacuática

Investiranse 125.000 euros en novas prospeccións para actualizar a información sobre os barcos afundidos.

Redacción - 17:20 26/06/2007
Restos arqueolóxicos no fondo do mar / Imaxe cedida por buceofinisterre.com

Restos arqueolóxicos no fondo do mar / Imaxe cedida por buceofinisterre.com

A arqueoloxía subacuática será o quinto piar da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico (RGPA). Segundo informou este martes a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o departamento terá a súa sede en Vigo, nunhas dependencias anexas ao Museo do Mar.

O parque dedicado á arqueoloxía subacuática complementará os outros catro da rede, especializados en arte rupestre, megalitismo, cultura castrexa e mundo romano. As novas instalacións contarán con persoal e equipos técnicos especializados na investigación de xacementos submarinos e encargaranse de protexer o patrimonio cultural somerxido de todo o país.

Cultura leva un ano catalogando os xacementos subacuáticos, procurando información bibliográfica e contrastando as referencias sobre barcos afundidos e, ademais, efectuando inmersións para actualizar os datos existentes. Este ano investiranse máis de 125.000 euros nas prospeccións, que se desenvolverán principalmente na ría de Vigo e no Parque das Illas Atlánticas. O traballo levará máis dun ano, o que permitirá tomar medidas para a protección dos bens submarinos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: