Propón vixialos incendiarios reincidentes e alonxalos das zonas de alto risco
O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, descartou este venres que existise un trama organizada detrás dos lumes do pasado verán. Segundo explicou, os estudos “rigorosos” da Garda Civil descartan esta posibilidade.
Varela, que lle vai remitir unha copia do informe á presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, asegurou que hai que tomar medidas para que a vaga de incendios non se repita este ano. Unha das novidades é que propón que non se vixíe os incendiarios para afastalos de “lugares sensíbeis”.
O fiscal cre que a porcentaxe de lumes intencionados incluso foi menor. De feito taxou nun 60% este tipo de atentados, cando antes a porcentaxe estaba establecida en preto dun 90%