Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ENGADE A LATITUDE E A LONXITUDE

Crean o primeiro mapa de dominios do mundo

Permite tamén ter acceso a todos os códigos telefónicos e todas as listas numéricas

Redacción - 11:40 21/06/2007

A compañía Visibone creou o primeiro mapa deo mundo que inclúe os códigos de dominio de todos os países do mundo, incluíndo tamén códigos telefónicos e listas numéricas.

O mapa mundial de dominios de Internet inclúe tanto os dominios de alto nivel como os de baixo nivel, entre os que podemos atopar nomes de dominios tan pouco peculiares como Barbados (.bb), no Caribe ou as Illas Marshall (.mh), no Océano Pacífico.

O mapa mundi engade a latitude e a lonxitude xunto con referencias alfabéticas e listas numéricas para atopar con maior facilidade determinados datos.

Unha das súas moitas utilidades é poder ter á man os prefixos telefónicos de cada un dos recunchos do globo terráqueo.

VisiBone permite obter unha copia impresa (previo pago) do mapa de dominios do mundo en dous formatos (122cm x 61 cm e 86 cm x 43 cm). De todos os xeitos, pódense descargar ambas as dúas versions, de 740 kb e de 2.8 mb da propia web.


3,42/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: