Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ENCARGADO O ESTUDO DE VIABILIDADE

Mentres se acumulan atrasos na extensión da banda larga a Xunta pensa nun "satélite"

O carro antes dos bois valería como definición para unha iniciativa da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, que levanta críticas entre populares e nacionalistas.

Redacción - 09:20 21/06/2007

O Padroado da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FGSC), o instrumento creado polo presidente da Xunta para intervir na política tecnolóxica do país, constituíuse onte en Santiago. E fíxoo cun anuncio sorprendete.

E é que a Fundación vai estudar a viabilidade do lanzamento dun satélite dixital en Galicia. Emilio Pérez Touriño sinalou que “un satélite dixital en cota baixa que –engadiu-, tería a función de ampliar, garantir e mellorar todo o espectro de manexo das telecomunicacións e dos sinais en todo o ámbito de telecomunicacións”.

Na xuntanza de onte tamén se aprobou o lanzamento da constitución do Centro Galego de Aforro e Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade Medioambiental. A Presidencia da Xunta anunciou que os 100 millóns que vai custar por en marcha a Fundación “serán achegados polas tres entidades financeiras de referencia en Galicia, así como por empresarios ligados á propia Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento”. O goberno prevé que a FGSC comece a traballar durante este ano.

Un problema de competencias?

A creación da FGSC vese con escepticismo dende o Partido Popular e, en menor medida, dende o entorno do BNG, que temen que a FGSC se converta nunha ferramenta Touriño de restarlle capacidade de actuación á Consellería de Innovación e Industria, departamento nas mans do nacionalista Fernando Blanco.

Nun debate no Parlamento o deputado popular Anxo Tahoces asegurou que "é moi heavy que se aboquen as competencias da Consellería de Innovación e Industria nesta fundación". Tahoces acusou a Fundación de ser un "quiosco especial" co obxecto "non, de colocar amigos -que tamén- ", senón de crear unha Consellaría de Industria "bis".


4.6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: