Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CUN INFORMATIVO EN CLAVE IRÓNICA

A AMI pásase ao Youtube

Os independentistas falan das bombas de Resistencia Galega e da campaña In-dependencia da Vicepresidencia

Redacción - 11:07 19/06/2007
En Censurado! 'entrevístase' a Anxo Quintana / Foto: Terra Livre

En Censurado! 'entrevístase' a Anxo Quintana / Foto: Terra Livre

A Asamblea da Mocidade Independentista (AMI) acaba de estrear o seu propio informativo no You Tube. Chámase Censurado!, terá periodicidade mensual e aborda, con moita retranca, asuntos como as bombas de Resistencia Galega e a especulación costeira en localidades como Cangas.

Na primeira edición do vídeo arremétese contra a campaña In-dependencia, lanzada pola Vicepresidencia da Xunta para mellorar as condicións de vida das persoas maiores.

Os independentistas, a través da produtora Terra Livre, súmanse así a outros colectivos políticos do país, como o Partido Popular de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego, que xa contan cun espazo propio neste popular portal de vídeos, aínda que, iso si, nun ton moito máis institucional.


3.81/5 (36 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: