Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Gala 'Galicia en Goles'

Os mellores do deporte galego reciben os seus premios en Compostela

A Radio Galega recoñecerá na tardiña da segunda feira aos mellores deportistas galegos da tempada. A gala estará presidida pola presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Redacción - 11:30 18/06/2007

O mundo do deporte galego volve celebrar a súa festa anual, a Gala dos Premios Galicia en Goles, promovida polo espazo radiofónico homónimo da Radio Galega. Os premios son outorgados pola redacción de deportes da RG e por varios xornalistas deportivos de distintos medios galegos.

Na Gala, que se celebra arredor das 20:30 horas no Auditorio de Galicia, os galegos con mellor traxectoria deportiva neste ano ou o locutor da RG, Carlos Reboreda; Roberto Carlos Carballo, director do espazo da Radio Galega Caneando; e Xoán Galán, director do programa Galicia en Goles, que lle dá título a esta festa. Os tres presentadores estarán acompañados polo ciclista Óscar Pereiro; a piragüista Teresa Portela; o xogador de balonmán David López; e a xogadora de rugby, Rocío García.

As figuras históricas do deporte galego tamén recibirán a súa homenaxe

Durante a celebración vai haber un anaquiño reservado para os equipos galegos acabdos de ascender, coma o Teucro, o Pilotes Posada, o Rosalía e o Leis; unha meción tamén para o Lobelle, pola Recopa de fútbol sala; ao Deportivo polo seu centenario e ao porteiro do Hércules C.F., Sergio Aragoneses, pola superación de dous cancros. Tamén será entregado un Premio Especial a tres persoas que forman parte da historia viva do fútbol galego: Amancio; Marcelino -mítico xogador coñecido por ser "o do gol a Rusia"; e Severino Reija.

Ademais dos deportes, tamén haberá un anaco para os risos, cos monólogos de Candido Pazó e Pepo Suevos; as imitacións do dúo Risoterapia (Carlos Ximénez e Paco Lodeiro) e a música de Sonora Callejera. A Gala retransmitirase na terza feira na Galega.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: