Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Club Internacional de Prensa

A actualidade do sector audiovisual a fondo

A Academia Galega do Audiovisual analízao a fondo nunhas Xornadas que comezan este día 13, e seguen o xoves 14, o mércores 20 e o xoves 21 de xuño

Redacción - 11:50 12/06/2007
Imaxe das xornadas

Imaxe das xornadas

Co título 'O Estado das cousas', abórdanse dende distintas ópticas os múltiples subsectores culturais e profesionais implicados no audiovisual, e a situación que atravesa o sector. De 19.00 a 21.00, no Club Internacional de Prensa, en Compostela, os membros da Academia, profesionais de diversos eidos relacionados co audiovisual achegarannos a súa visión.

O día 13, a perspectiva dende os medios de comunicación chega da man dos xornalistas Camilo Franco (La Voz de Galicia), Santiago Jaureguízar (El Progreso), Alfonso Pato (do programa 'Onda Curta', da TVG), Antón Rodríguez López (El Correo Gallego), e María Yáñez, colaboradora da TVG e El País, con Xaime Fandiño como moderador. Ao día seguinte, o audiovisual será abordado dende a cultura, por persoeiros como o filósofo e escritor Antón Baamonde, Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, o director teatral e actos Quico Cadaval, Marcial Gondar, Catedrático de Antropoloxía Social na USC, e a poeta Antía Otero, membro da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Modera o músico Nani García.

O día 20 coñeceremos a visión institucional, da man de José Antonio Delgado Arce, director xeral do IGAPE, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias, Manuela Fraguela, subdirectora xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior da Consellería de Innovación e Industria, Eduardo Galán, director de programas da TVG, e Manuel González, asesor de audiovisuais para a Consellería de Cultura e Deportes, moderados polo presentador Paco Lodeiro.

Por último, pecha as xornadas a achega dos profesionais do sector: Jorge Algora, vicepresidente de AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual), Dolores Ben, presidenta de AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes), Héctor Carré,presidente de CREA (Asociación de Directores e Realizadores galegos), Beatriz Legerén, presidenta de EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet), María Liaño, presidenta de ATEGA (Asociación dos Técnicos de Galicia do Audiovisual), Vicente Montoto, presidente da AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Pancho Casal, vicepresidente do Clúster Audiovisual Galego, e Xosé H. Rivadulla Corcón, presidente da AGAG (Asociación Galega de Guionistas). Carlos Ares será o moderador nesta última sesión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: