Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
10 de xuño

Portugal celebra o seu día

O presidente da República lembra a emigración na xornada que conmemora a morte de Camões.

Redacción - 11:23 10/06/2007
Luís Vaz de Camões

Luís Vaz de Camões

O 10 de xuño cúmprense 427 anos da morte de Luíz Vaz de Camões, considerado o maior poeta das letras portuguesas. Esta efeméride conmemórase o Día Nacional de Portugal, tamén chamado Día de Camões, de Portugal e das Comunidades Portuguesas.

Este ano, a mensaxe institucional do presidente da República, Aníbal Cavaco Silva, centrouse na comunidade portuguesa no exterior. Calcúlase que viven fóra de Portugal cinco millóns de persoas, por iso insistiu na necesidade de garantir estruturas institucionais que lles permitan manter o contacto coa terra.

As manifestacións do presidente chegan nun momento en que se están a pechar consulados portugueses en todo o mundo. O Día de Portugal foi coñecido durante a ditadura salazarista como Dia da Raça.


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: