Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queren que se volva poñer na TVG

No Open Vieiros, a prol de Shin Chan

En castelán non ten a mesma graza, e na Galega foi substituído polos Rangers de Texas, ben menos educativos. Esta é a opinión que nos deixou Tino no Open Vieiros.

Redacción - 17:35 06/06/2007

O simpático rapaz que detesta os pementos e ten certa fixación con ensinar o cu saíu da grella da Galega. Podemos velo en Antena 3, pero xa non nos é tan familiar como o "noso", caracterizado pola tradución ao galego de María Alonso Seisdedos e a dobraxe na voz singular de Ana Lemos, que tamén lle ten "prestado" as súas cordas vocais a outros personaxes de series da TVG como a Nanny, todo no marco do estudo de dobraxe Sodinor.

Tino quéixase no Open Vieiros de que Shinnoshuke Nohara desaparecese da programación, e de que fose substituído polos Ranger de Texas, e solicita que lle escribamos un correo á dirección de programas da CRVTG para que a serie volva emitirse en galego.


5/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Shin Chan enfadado
Shin Chan enfadado