 
O Programa Safe Internet Plus está máis centrado no usuario final e no uso de novas tecnoloxías, como a terceira xeración de teléfonos móbeis
Os eurodeputados recoñecen que un mal uso de Internet na nosa vida cotiá, especialmente polos menores, hai tempo que deixou de ser unha simple preocupación e está a comezar a alcanzar niveis de alarma social, debido ao incremento de pornografía infantil, a publicación de información para construír bombas e o acceso de menores a páxinas pornográficas ou os foros racistas e radicais.
 
 O programa da Unión Europea, Safe Internet Plus, destinado a fomentar un uso máis seguro de Internet e que estará vixente ata o 2008, custa 45 millóns millóns de euros, dos que xa se levan gastados arredor de 20. 
 
 Presenta catro liñas de acción. En primeiro lugar, a loita contra "os contidos ilícitos" en Internet, co establecemento de liñas directas para que o cidadán se poida informar de contidos ilegais na rede (25-30% do orzamento).
 
 En segundo lugar, a mellora de filtros para tratar contidos "indesexados" --virus, spam, etc.-- ou "nocivos" para menores (16-23%). A iso engádese o fomento dun contorno máis seguro en Internet por medio da autorregulación, códigos de conduta ou foros (5-9%). Por último e máis importante, o aumento da sensibilización cidadá sobre os riscos da mala utilización de Internet (43-50%).
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto