Socialistas e Esquerda Unida xa se comprometeron a parar as obras da praza de España e da polémica urbanización aprobada en Menáncaro.
Neste primeiro encontro oficial para a negociación do pacto de goberno local, asistiron Mercedes Carbajales, Ramón Veloso, Beatriz Sestayo e Anxo Mato, por parte do PSdeG. Polo lado de Esquerda Unida estiveron na xuntanza Xavier Galán, Xan Garmendia, Xosé Luis Tasset e Sari Alabau. Malia sumar os edís necesarios para a maioría, os dous grupos coinciden en estender o pacto de goberno ao BNG.
Na reunión non asistiron os líderes das formacións, Vicente Irisarri e Iolanda Díaz, que xa tiveran unha primeira toma de contacto en días pasados. A próxima xuntanza será na sede local de Esquerda Unida o próximo xoves 7.
As dúas formacións comprométense a paralizar as obras da praza de España de Ferrol. Ademais, entre os primeiros asuntos a tratar pola coalición de goberno estarán a paralización tamén a busca de solucións á polémica construción dunha piscina na praza de Sartaña e á urbanización aprobada para a Fraga de Menáncaro.