Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Reaccións tras o comunicado da ETA

Núñez Feijoo: "O PSOE equivocouse e agora ten que rectificar"

O presidente do PPdeG púxose a disposición do presidente da Xunta "para o que considere necesario e convinte".

Redacción - 14:35 05/06/2007

O presidente do PPdeG e líder da oposición, Alberto Núñez Feijoo, púxose a disposición da Xunta e do seu presidente, Emilio Pérez Touriño, para aquilo que este último "considerase necesario e convinte", logo do anuncio da fin do cesamento do fogo por parte da ETA.

Feijoo sinalou que a solución ao conflito está "onde estivo sempre: no Pacto Antiterrorista, no Estado de Dereito e na unión dos demócratas". Segundo o líder dos populares, o goberno español "equivocouse". "ETA segue a marcar a axenda", manifestou.

"O goberno e o PSOE equivocáronse, e cando un se equivoca ten que rectificar, e agora teñen que rectificar", engadiu Núñez Feijoo, e amosouse esperanzado en que "a sociedade española e a sociedade galega continúen avanzando na derrota dos fanáticos, dos asasinos e da banda terrorista ETA".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: