A deputada do PSE advirte de que o acontecido nos últimos meses "non foi en balde".
Ao fío da súa recente participación na presentación dun libro onde se analiza o proceso de paz no Úlster, a deputada socialista afirmou que "salvando todas as distancias e malia seren situacións moi diferentes" o proceso seguido en Irlanda serve para "tirar algunhas leccións" arredor do que se pode facer en Euscadi. En declaracións para Radio Euskadi, Zabaleta subliñou ao respecto a vontade amosada no Úlster por todas as partes de chegar a unha solución "a través dun proceso dialogado".
"É unha noticia lamentábel", afirmou Gemma Zabaleta, laiándose de que se rache unha oportunidade cando "nunha as regras de xogo para avanzar no proceso de paz estiveran tan claras". Con todo, Zabaleta indicou que o proceso dos últimos meses "non foi en balde" e insiste en que "non hai situación similar que non se solucione sen diálogo". A deputada dixo confiar en que a ETA non poida teimar moito tempo na súa actitude fronte a unha sociedade que crecementemente ergue a súa voz a prol da "vía política" como único camiño posíbel.