Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Reaccións á fin da tregua da ETA

Iñigo Urkullu subliña que o PNV seguirá as conversas con Batasuna

Moi crítico coa esquerda abertzale, o voceiro da executiva do PNV asegurou que malia todo, o eu partido seguirá tratando de dialogar con este sector político vasco.

Redacción - 09:45 05/06/2007
Tags: ETA PNV tregua

"Dóenos ter vivido durante meses esta falacia", comentou o voceiro da executiva do Partido Nacionalista Vasco. Nos micrófonos de Radio Euskadi, Íñigo Urkullu criticou a actitude da esquerda abertzale nos últimos tempos e acusouna de "xogar a concentrar o seu voto".

Denunciou tamén as acusacións directas que o comunicado da ETA realiza cara ao PNV, e argumentou que "o Partido Nacionalista Vasco é o espello do fracaso da ETA nestes 40 anos", indicando que o abertzalismo é un sentimento positivo que "hai que ir construíndo día a día".

Por outro lado, asegurou que o PNV seguirá as conversas con Batasuna. "Dixemos máis dunha vez que se hai que baixar ao inferno e falar co diaño, nós estamos dispostos a facelo", subliñou, aínda que precisando que "queremos saber en cada momento a quen representa realmente aquel con quen falamos e que lexitimidade ten". "Falar por falar non leva a nada", laiouse, pedindo que as conversas que se realicen deberan levar a algún sitio e laiándose de que a esquerda abertzale pareza buscar "o caos político.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: