Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
CESAMENTO DE FOGO

Comunicado íntegro da ETA

O texto completo enviado a Gara e Berria.

Redacción - 08:00 05/06/2007
Tags: ETA tregua

O comunicado íntegro:

"A ETA, organización socialista revolucionaria vasca de liberación nacional, quere dar a coñecer o seguinte á cidadanía vasca:

Son tempos de clarificación. Euskal Herria quere superar a partición institucional e dar pasos na construción dun Estado Independente. Milleiros de voces en favor do cambio político e social, miles de voces en favor do futuro deste pobo. ETA tamén aposta polo proceso de liberación deste pobo. O final dese proceso será sen dúbida un Estado Independente chamado Euskal Herria, pero para chegar a iso, será necesario un marco único que inclúa Navarra, Araba, Biscaia e Guipúscoa, e outro que xunte Lapurdi, Benafarroa e Zuberoa. Deste xeito, cos sete territorios unidos, construiremos o futuro do noso pobo.

En definitiva, as sete provincias unidas para que construamos o futuro do noso pobo. Xa que está claro que as pseudosolucións non nos levan a ningunha parte. O futuro está nas nosas mans e conseguirémolo.

Caeron as máscaras. O talante de Zapatero converteuse no fascismo que deixa sen dereitos a partidos e persoas. Pero non son os únicos. Insultando repetidamente, incapaces de saciar a súa fame de diñeiro, aos dirixentes do PNV tamén se lles caeu a careta. Por desgraza, a liberdade dos pobos adoita ter á traizón como inimigo. Cada vez que houbo que tomar decisións firmes para construír o futuro en defensa de Euskal Herria, mentiron. Agora, en cambio, a cidadanía non lles deu cheques en branco para seguir alimentando o sufrimento deste pobo baixo a protección do españolismo. Só lograron seducir os responsábeis da represión contra os dereitos nacionais, non aos vascos que queremos vivir en democracia e liberdade.

Os cidadáns sufrimos falta de democracia. En lugar de desaparecer, os ataques contra Euskal Herria aumentan e se recrúan. A Xustiza española deixou fóra destas eleccións antidemocráticas a miles de persoas e á esquerda abertzale, principal activo do proceso. Euskal Herria vive actualmente en estado de excepción. As eleccións celebradas recentemente non teñen ningunha lexitimación. O Goberno de España respondeu ao cesamento permanente das accións armadas ofrecido pola ETA con detencións, tortura e todo tipo de persecución. Non hai condicións democráticas mínimas para continuar nun proceso de negociación.

Por iso, temos diante as claves para garantir o presente e o futuro de Euskal Herria: Autodeterminación e territorialidade, e as sementes que miles e miles de cidadáns acaban de sementar depararanlle unha colleita abundante ao noso pobo.
Mentres tanto, ratificamos a nosa decisión de defender coas armas o pobo que é atacado con armas.

Chamamos a toda a cidadanía a rebelarse contra esta democracia falsa e podrecida e a implicarse firmemente na construción dun Estado libre chamado Euskal Herria. Cada cal desde o seu ámbito e as súas posibilidades. Xenerosamente e en unidade.

Para rematar, a ETA quere expresar que interrompe o cesamento do fogo permanente e que tomou a decisión de renovar as accións en defensa de Euskal Herria en todas as frontes a partir das 00:00 horas do 6 de xuño de 2007.

En Euskal Herria, xuño de 2007"


4,22/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: