Dos catro galegos que ían, tres volveron con medallas para a casa. Os xunior galegos afrontaban esta proba como rodaxe para o Campionato de Europa que se celebrará en Azerbaián en setembro.
A Selección Galega Xúnior tiunfou na fin no Open de Austria de Taekwondo, celebrado na cidade de Innsbruck.
Os Cadetes tamén trouxeron metais para a casa: unha medalla de prata e unha de bronce no mesmo evento.
Os deportistas xunior estiveron dirixidos polo Director Deportivo da Federación Galega de Taekwondo, José Angel Torres; mentres o técnico da FET, Marco Antonio Carreira Corredoira e o Seleccionador Galego Cadete, Miguel Patiño Nogueira traballaban cos cadetes.