Desde Vieiros Barcelona e desde o Centro Galego de Barcelona xorden ofertas para asistir ás explicacións sobre a arte pictórica en dúas fines de semana deste mes.
As suxestións que se fan son as seguintes:
1- Visita á exposición Jordi Pericot, 20 anys d'art cinètic (1964-1984) + gràfics actuals.
Museu Municipal de Nàutica del Masnou
Esta proposta presenta o aliciente de que a visita é comentada polo propio artista, Jordi Pericot, que amable e desinteresadamente se brindou a falar da súa obra e a contestar as preguntas dos visitantes. É unha visita organizada en exclusiva para as lectoras e os lectores de vieiros que teñan interese en coñecer a obra de Jordi Pericot, o máximo representante catalán da pintura cinética.
A exposición é unha mostra antolóxica, con máis de 90 obras (desde os anos 50 até os 90), e unha instalación audiovisual.
Visita comentada de balde: sábado, 9 de xuño ás 18 horas.
Para saber máis e confirmar a asistencia, cómpre escribir a correo visita.pericot@gmail.com (deixar, coma mínimo, nome e apelidos e unha conta de correo electrónico para contactar) ou ler o artigo de Lito Caramés.
2- Visita á exposición William Hogarth
CaixaForum Barcelona
Trátase da primeira visita comentada que organiza o Centro Galego de Barcelona dentro dun ciclo que pretende continuar moito tempo: “Art a Barcelona”. A actividade é dirixida e explicada por unha Guía Oficial de Arte de Catalunya.
Hogarth é o pintor inglés máis importante do século XVIII. Foi un cronista satírico da súa época e moi crítico coa sociedade e cos vida nas cidades.
-- Visita comentada, de balde para os socios do Centro Galego, o día domingo, 17 de xuño ás 11 h.
-- Visita comentada ao prezo de 3€ para os non socios do Centro Galego.
Para asistir (tanto os socios como os que non o son) é preciso chamar ao Centro Galego de Barcelona (93 3012892) e confirmar a asistencia. Tamén se pode escribir un correo electrónico: correo@centrogalegobarcelona.org.
Para saber máis da exposición visitade a web do Caixa Fòrum.