Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SERÁ O 29 DE XUÑO EN EEUU

Apple confirma o lanzamento de iPhone

O iPhone é un completo dispositivo que combina teléfono móbil, reprodutor multimedia e un dispositivo móbil de navegación

Redacción - 14:49 04/06/2007

IPhone é un dos proxectos máis esperados do mundo da tecnoloxía. Moi pronto poderemos telo nas nosas mans... se viaxamos a EEUU ou alguén nolo trae de alí.

A operadora norteamericana AT&T, que adquiriu recentemente Wireless LCC e que está rediseñando toda unha nova estratexia arredor do novo teléfono de Apple, non proporcionou demasiados detalles sobre como vai vender os aparellos. O único que sabemos ata o momento é que haberá dous modelos: un de 4 GB de memoria que custará 499 dólares, e unha versión co dobre de capacidade que custará 100 dólares máis.

O sofisticado aparello, que combina teléfono móbil, reprodutor multimedia e un dispositivo móbil de navegación terá un prezo situado entre 499 e 599 dólares (371 e 445 euros) en función da súa configuración e equipamento.

En Estados Unidos, só será comercializado pola propia marca e pola filial de wireless de AT&T, actualmente coñecida como Cingular.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: