Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Cara ao pacto global

PSdeG e BNG recuperan os contactos para definir "un modelo de coalición"

Aínda que non realizaron novas xuntanzas formais da comisión conxunta, as dúas formacións seguen as conversas para o "acordo marco" de gobernabilidade.

Redacción - 09:00 03/06/2007
Tags: BNG pacto PSdeG

A visibilidade clara da existencia de "dous referentes políticos" nos concellos onde se estabelezan as coalicións de goberno de PSdeG e BNG é o obxectivo subliñado polos nacionalistas, que insisten en que o acordo global deixe ben definidas as bases sobre as que se realizarán os pactos concretos en cada municipio.
Desde o Bloque consideran que é importante que quede clara a relación de "equilibrio" entre as dúas partes. Ao respecto, os socialistas pretenden avanzar máis rapidamente cara á visualización pública dese pacto e deixar maior marxe para cada un dos pactos a nivel local.


3/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: