Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Despois de que o PPdeG perdese o poder na Deputación

Cacharro di que as críticas de alcaldes chegan "para que outros non dean a cara"

"Sae por boca doutros", afirmou o presidente en funcións da Deputación de Lugo ao respecto das acusacións que lle adicou o ex alcalde de Vilalba.

Redacción - 10:00 02/06/2007

"Cal foi o comportamento do partido comigo, foi leal?", preguntouse Francisco Cacharro este venres ao tempo que respondía as críticas de varios alcaldes lugueses do PPdeG que nos últimos días lle atribuíron a el unha importante responsabilidade na caída do poder na provincia.

Cacharro aproveitou para lembrar que os mellores resultados obtidos polos populares na provincia de Lugo remóntanse ao tempo en que el mesmo era presidente provincial do partido, até o ano 2000. Na súa opinión, a dirección do partido "inventou" daquela "unha incompatibilidade que non existía" para apartalo da xefatura. O presidente en funcións da Deputación afirmou tamén que a dirección do PP "financiou algún ataque persoal contra min nalgún medio" e asegurou ter probas directas de que ese ataque se produciu.

Nos últimos días, algunhas das acusacións contra Cacharro foron realizadas por Agustín Baamonde, ex rexedor do PPdeG en Vilalba, Luis Rego, alcalde en funcións de Mondoñedo, onde os populares perderon o poder, e Antón Muíña, reelixido alcalde de Friol. Coinciden en atribuírlle falta de lealdade e de poñerlle pedras no camiño ao PPdeG lugués aló onde puido.

Segundo Cacharro, o seu partido ten "o costume" de culpalo de todo aquilo "que é malo" e considera estas críticas como unha forma de cubrir as responsabilidades "doutros" que na súa opinión deberan dar a cara fronte aos resultados en Lugo do PP.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: