Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

BNG e PSdeG constituirán unha comisión para negociar os pactos municipais

Francisco Jorquera e Ricardo Varela esperan chegar a un acordo antes do remate da semana.

Redacción - 18:08 30/05/2007

O coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, e o secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, reuníronse este mércores para negociar un acordo de gobernabilidade nos concellos do país onde os dous partidos forman unha maioría. Os dous representantes decidiron crear unha comisión paritaria formada por tres membros de cada forza política.

En representación do Bloque estarán o propio Jorquera e mais os secretarios de Organización, Alberte Ansede, e de Acción Municipal, Roberto Mera. Por parte socialista, participarán Varela e mais o secretario de Política Municipal, Manuel Lagares, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

A comisión constituirase o xoves ás sete e media do serán. As dúas partes esperan que o acordo definitivo se concrete esta mesma semana, para que despois o ratifiquen os órganos de goberno das formacións políticas. Socialistas e nacionalistas coinciden na idea de cumprir a vontade do electorado do pais de que o cambio político se estenda tamén ás administracións locais.


3,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: