Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VOLVEN AS PROTESTAS

Os mariscadores de Ferrol bloquean a entrada dun novo gaseiro na ría

A pesar da forte presencia policial, o buque 'Mourad Didouche' non puido acceder á planta de Reganosa

Redacción - 16:15 29/05/2007

Máis de vinte embarcación de mariscadores da comarca de Ferrol lograron bloquear a ría e impedir a entrada do gaseiro alxeriano 'Mourad Didouche', o segundo dos buques que intenta acceder á polémica planta de Reganosa.

Aínda que a delegación do goberno español enviou numerosos efectivos da Garda Civil do mar para apoiar a entrada do metaneiro, os manifestantes lograron impedir a manobra.

O Comité Cidadán de Emerxencia sinalou que van continuar defendendo a ría. Neste sentido subliñan que nin as sancións nin as actuacións policiais van variar os seus plans.


4.86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os mariscadores lograron bloquear varias veces a entrada doutro gaseiro a primeiros de mes
Os mariscadores lograron bloquear varias veces a entrada doutro gaseiro a primeiros de mes