As dilixencias trasladounas ao xulgado o subdelegado do goberno español en Pontevedra.
O subdelegado do goberno español en Pontevedra, Delfín Fernández Álvarez, anunciou que remitirá ao xulgado os informes dos incidentes rexistrados durante a folga da construción, que se desenvolveu o mércores e o xoves convocada polo sindicato CIG.
Segundo Fernández, a garda civil e a policía española identificaron diversos membros dos piquetes de Vigo e de Pontevedra como autores materiais de estragos, despois dun “seguimento puntual e rigoroso” das dúas xornadas.