Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A ESLE ASESORA A CREACIÓN DA PATRONAL GALEGA

Software libre feito en Euskadi

O presidente das firmas vascas de código aberto defende o rol dos programas informáticos como elemento de identificación cultural

M.V. - 09:20 28/05/2007

A Eskadiko Software Libreko Empresen Elkartea (ESLE), a Asociación de Empresas de Software Libre de Euskadi, é o espello no que se miran os empresarios galegos que buscan montar unha patronal de firmas deste tipo. De feito, o seu presidente Daniel Armendáriz participou esta semana na xuntanza na que se creou o berce da asociación galega.

Armendáriz explica que dispor dun idioma propio "é un argumento moi importante para convencer ás administracións das necesidade de desenvolver programas abertos como elemento de identificación cultural" .

Catro anos de vantaxe
O responsábel da ESLE indica que o Parlamento Vasco aprobou o apoio aos programas abertos en 2003, algo que en Galiza non sucedeu ata este ano coa aprobación do PEGSI.

Iso si, Arméndariz laméntase que as medidas a prol dos programas libres do Goberno Vasco "son iniciativas soltas e sen un fío condutor", unha queixa compartida por moitos dos seus colegas galegos.

Diante da renovación de licencias privativas nas oficinas públicas, recomenda ás empresas que non adopten unha postura de oposición frontal, senón que centren os seus esforzos en convencer aos responsábeis das administracións das vantaxes do código aberto.

Un sector en expansión
Esa é unha das finalidades da ESLE, un ente fundando en 2005 e no que participan unhas trinta compañías. Ademais de en Euskadi, existen asociacións similares en Cataluña e Canarias.

Segundo o Libro Blanco do Software Libre, o sector creceu un 30% no Estado o último ano.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: