Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MS Office contra OpenOffice

Barcelona gasta 524.000 euros en licenzas de Microsoft porque “o software libre é máis caro”

O difícil proceso de adaptación ao paquete de código aberto, escusa que dá o Institut Municipal d'Informàtica para xustificar o gasto.

Redacción - 12:34 25/05/2007
Logotipo de OpenOffice.org

Logotipo de OpenOffice.org

O Concello de Barcelona gastou 524.000 euros na renovación das licenzas de Microsoft Office. O Institut Municipal d'Informàtica (IMI) xustificou a súa decisión co argumento de que pasarse ao software libre resultaría máis caro. Segundo o departamento, hai moitas aplicacións que dependen dos programas de Microsoft.

A adquisición chega despois de que en xullo do 2004 o goberno tripartito aprobase o compromiso de fomentar o software libre e de migrar os sistemas do concello e dos seus organismos dependentes aos programas de código aberto. O propio IMI acordou hai seis meses repartir entre os ordenadores da administración municipal o paquete ofimático OpenOffice.org, libre, de balde e coas mesmas funcións do Office.

Fontes do IMI declararon a VilaWeb que o proceso de adaptación ao OpenOffice resultaría custoso, porque o funcionariado está afeito ao Office. Por outra banda, xa existen seis millóns de documentos xerados no formato propietario de Microsoft que non sempre se poderían abrir correctamente na aplicación libre. De todos os xeitos, o departamento municipal asegura que as licenzas do Office só se adquiriron por tres anos e que nese tempo traballarán polo cambio ao software aberto.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: