Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O líder, Xapón

Os EUA, preocupados pola súa baixa velocidade de conexión á rede

Mentres, Galiza atópase aínda a anos luz dun estudo no que nin sequera aparece o Estado.

Redacción - 19:31 23/05/2007
O largo de banda da rede aumenta continuamente, pero non ao mesmo ritmo en todos os países

O largo de banda da rede aumenta continuamente, pero non ao mesmo ritmo en todos os países

Os Estados Unidos, onde naceu a Internet, xa non están á cabeza da rede, cando menos na velocidade de descarga. Así o asegura un estudo realizado pola Asociación de Traballadores de Comunicación dos EUA (CWA), que conclúe que a unión de estados norteamericanos ten unha velocidade media de descarga de datos de 1,9 megabits por segundo. Asi, atópanse por diante países, en principio, máis avanzados nas telecomunicacións, como Xapón (61 megas), Corea do Sur (45 megas), Suecia (18 megas), Francia (17 megas) e mesmo o seu veciño, Canadá (7 megas).

Na listaxe, onde non figura o estado español, os EUA ocupan o posto 16, o que lle preocupa ao presidente do CWA, Larry Cohen, que cualificou a rede estadounidense como propia do século XX. E máis se se ten en conta que no Xapón catro de cada cinco fogares teñen acceso a conexións de 100 megabits por segundo ao mesmo prezo ca os 3 megas norteamericanos.

En Galiza
Mesmo a mala situación dos estadounidenses no que se refire ao largo de banda da rede está a anos luz da do noso país. Aínda hai moitas zonas rurais que carecen de acceso á alta velocidade. Malia isto, a situación non é tan mala en comparación coa media estatal nas zonas a onde chega o cable e o ADSL. O largo de banda medio das nosas conexións atópase na metade alta da táboa do Estado, segundo o estudo dos portais Adslnet.es e Adslzone.net. Os bos datos da operadora de cable do país, R, tamén inflúen no resultado final.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: