Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este xoves

Eleccións xerais en Irlanda: o Fianna Fáil gaña apoio entre o electorado

As últimas enquisas danlle ao partido do primeiro ministro irlandés, Bertie Ahern, unha importante vantaxe sobre o resto.

Redacción - 19:00 23/05/2007
O Fianna Fáil parte como favorito nas enquisas

O Fianna Fáil parte como favorito nas enquisas

Irlanda decide este xoves os seus representantes no parlamento para os vindeiros catro anos. Segundo sinala unha enquisa do The Irish Times, o Fianna Fáil (FF, Soldados do destino), de tradición nacionalista e 'euroescéptico' de centro dereita, podería lograr un terceiro mandato consecutivo, malia que non acadaría a maioría absoluta na cámara, Dáil Éireann, de 166 deputados.

O partido do primeiro ministro irlandés, Bernie Ahern, recibiría un 41% dos votos, mentres que o principal partido da oposición, o Fine Gael (FG, Tribo dos irlandeses), tamén de tradición nacionalista de centro dereita (pro-UE, membro do Partido Popular Europeo), situaríase co 27%.

Os socios de Ahern no goberno irlandés, os Demócratas Progresistas (PD, neoliberales) manteríanse nun 2% e poderían volver ao Executivo se o FF confirma a súa a vitoria.

'Coalición do Arco da vella'
A alternativa a este goberno é a denominada Rainbow Coalition Party (Coalición do Arco da vella), formada polo Fine Gael e o Partido Laborista, a terceira forza política do país, que recibiría o 10% do apoio do electorado.

A clave para ambos os dous bloques podería estar na decisión final do Partido Verde, que coun 6% dos votos aspira a se converter na 'formación bisagra' que decida a composición final do futuro gabinete irlandés.

Segundo a enquisa do The Irish Times, o Sinn Féin de Gerry Adams, situaríase cun 5% dos votos. Porén, ambos os dous bloques rexeitaron a priori a posibilidade de pactar con esta forza, xa que, "desconfían do efecto que as políticas esquerdistas do Sinn Fein podería ter sobre a economía irlandesa".

Orixes do Fianna Fáil e do Fine Gael
Nos seus inicios, o Fianna Fáil e o Fine Gael formaban un único partido que loitaba pola independencia de Irlanda. Porén, tras a guerra anglo-irlandesa (1919-1921) produciuse a escisión.

O tratado de paz proposto polo goberno británico estabelecía a creación do Estado Libre de Irlanda (a actual República de Irlanda ou Éire), mais deixaba fóra os seis condados de Irlanda do Norte provisionalmente (ademais de manter o monarca inglés como xefe de Estado, entre outras cousas).

A facción que posteriormente se convertería no Fianna Fail rexeitou o tratado, o que provocou un conflito co Fine Gael, e a guerra civil. Finalmente, o bando dos contrarios ao tratado perdeu o enfrontamento armado.

Na actualidade, o Sinn Féin é o único partido que defende con convicción a reunificación de toda a illa.


Ligazóns

4.89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: