Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

BNG: o exemplo de "Navantia"

"Ferrol precisa dun goberno municipal que non se agache a cabeza nin ante Madrid nin ante ningúen, e iso só pode facelo o BNG", defendeu Anxo Quintana en Ferrol.

Redacción - 09:00 22/05/2007

"Nunca sacrificaremos os estaleiros da ría de Ferrol para defender aos de Cádiz", afirmou o voceiro nacional do BNG, ironizando coa situación creada en Navantia: "semella que a alternativa de emprego dalgúns para Ferrol é que a xente se empadroe en Andalucía". Na súa opinión, os proxectos dos rivais políticos para a cidade quedan desacreditados pola súa incapacidade para "estabelecer compromisos polo emprego" e a teima en deixar "destruír o maior xerador de emprego da cidade, a construción naval".

A continuación, o candidato do BNG á alcaldía, Xoán Xosé Pita, pediulle o voto aos asistentes para "non supeditar a acción política ás ordes do que digan en Madrid". "Chegou a hora de planificar unha cidade pensada para as persoas e non para a especulación", engadiu Pita, acusando o PPdeG de "planificar como vender os mellores predios da cidade sen contar coas necesidades de Ferrol".

O candidato nacionalista destacou tres eixos do seu programa: desenvolver parques empresariais e manter un estaleiro que "volva construír barcos civís"; conseguir unha cidade con elevada calidade de vida e liderar un goberno capaz de "colaborar" cos concellos de Ferrolterra.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: