Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O Karpin Galicia participa esta semana na Volta a Catalunya

Após a súa primeira carreira por terras galegas, os ciclistas galegos viaxan a Cataluña para enfrontarse por vez primeira á contra reloxo por equipas.

Redacción - 11:49 21/05/2007
Primeira contra reloxo para os galegos

Primeira contra reloxo para os galegos

Esta fin de semana o Karpin Galicia correu no Gran Premio Paredes Rota dúas Móveis, que saía de Compostela o día 17 de maio, facendo que a equipa galega fixese o seu primeiro percorrido por Galiza.

O mellor clasificado do Karpin na proba portuguesa foi David García, que quedou no décimo posto. O GP gañouno outro galego, o compostelán David Blanco, da equipa portuguesa Duja-Tavira.

Mais na rolda catalá, na súa 87 edición que comeza na segunda feira e termina o vindeiro día 27, a equipa ciclista galega agarda facer un bo papel, aínda que na primeira fase da Volta a Catalunya, a disputar nuns 15,7 Qms. na localidade de Salou, a equipa galega se estree na contra reloxo por equipas, unha modalidade complexa que o Karpin Galicia aínda non abordou no seu curto periplo no pelotón do Pro Tour.

Segunda competición do circuíto internacional para os galegos

Esta vai ser a segunda competición incluída no calendario Pro-Tour que disputa o equipo profesional galego dende o comezo da tempada. A anterior foi a Volta ao País Vasco. En Cataluña o Karpin Galicia ten como rivais as vinte equipas do Pro-Tour e a Andalucía-Caja Sur, a Relax-Gam, a Fuerteventura-Canarias e a Team Slipstream.

A volta conta cun percorrido moi completo, variado e esixente. Nesta súa edición oitenta e sete, a rolda abre coa contra reloxo, seguida de tres etapas en liña, a última delas con final en Arinsal (Andorra), porto de categoría especial. A quinta xornada presenta unha cronoescalada de 17,1 Qms., con final en Arcalís, a unha altitude de 2200 metros. A penúltima etapa conclúe en Lloret de Mar e a última no Tibidabo (Barcelona), porto de segunda categoría.

A equipa galega, que dirixe Álvaro Pino, parte ilusionada coa idea de acadar unha boa actuación nesta prestixiosa proba e diante de rivais moi cualificados. En palabras do técnico galego, aspiran a ofrecer unha boa imaxe nunha disciplina tan complexa e fronte ao poderío das equipas rivais.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: