Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Golf

As veteranas compiten na Zapateira

O clube de golf coruñés é escenario do VIII Campionato Estatal de Golf Sénior Feminino, que reúne ás mellores golfistas profesionais do Estado, maiores de 55 anos.

Redacción - 13:15 16/05/2007

Dende a cuarta até a sexta feira máis dun cento de golfistas da categoría sénior compiten no clube de golf da Zapateira, onde a catalana Marta Estany vai tentar revalidar o título. A súa rival, aínda que actual compañeira nos torneos de duplos, Vicky Pertierra vai tentar tomar a revancha no campo coruñés.

O campionato dispútase nas modalidades de medal play e scratch, dende as 8 horas da mañá até as 13:40 horas., momento no que se realiza a última saída.

Galiza vai estar presente, representada polo clube de golf coruñés, cunhas 12 xogadoras que van tentar dar o mellor de si.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: