Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO VICEMINISTRO DE TRABALLO VENEZUELANO

Consellos de traballadores non substituirán a sindicatos

"A figura dos consellos de traballadores non afecta a funcionalidade dos sindicatos", así o afirmou o viceministro do Traballo, Rafael Chacón. Sinalou que "en ningún dos borradores, nin o que manexa o ministerio nin na Asemblea Nacional, está contido ese punto no cal estes consellos sustituirían aos sindicatos".

Xurxo Martínez Crespo - 10:34 15/05/2007
Tags: Sindicatos

Actualmente, o Proxecto de Lei de Especial dos Consellos de Traballadores é analizada polo Goberno venezuelano mediante a Lei Habilitante.

O ámbito desta lei especial comprendería tanto ás empresas do sector público como o privado, así como tamén unha protección aos integrantes destes Consellos similar ao foro sindical, o cal establece que os traballadores quedan amparados de calquera despedimento.

Igualmente, indicou que outros instrumentos legais que se atopan en estudo son a Lei de Estabilidade Laboral, que está no Tribunal Supremo de Xustiza (TSJ), onde se realizarán os respectivos axustes pois prevén que esta normativa legal teña carácter orgánico.

Recordou Chacón que os consellos só "teñen como finalidade iniciar a formación dos traballadores" e ratificou o carácter dos sindicatos na representación durante as discusións colectivas e na defensa dos dereitos laborais dun colectivo.

O viceministro advertiu que as versións do secretario executivo da Confederación de Traballadores de Venezuela (CTV), Froilán Barrios, nas que argumenta que os consellos de traballadores sustituirían aos sindicatos, "non se corresponden coa realidade» e que obedecen a unha intencionalidade política ante a proximidade da 96ª reunión da Organización Internacional do Traballo (OIT)"


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: