Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Historias ficticias sobre as guerras en Iraq e Afganistán

Acusan o exército dos EUA de crear heroes "falsos"

Unha soldado que sobreviviu a un ataque en Iraq denuncia que o Pentágono difunde falsos "feitos heroicos" para enganar os cidadáns.

Redacción - 08:00 25/04/2007

"Inventan detalles e crean historias sensacionalistas", queixouse este martes o congresista estadounidense Henry Waxman. Referíase aos recentes testemuños sobre a captura e rescate da soldado Jessica Lynch ou á morte do capitán Pat Tillman.

No caso de Tillman, promesa do rugby americano cun importante contrato profesional pendente, o Pentágono outorgoulle a súa cuarta condecoración máis alta por accións arriscadas fronte ao inimigo en Afganistán. Posteriormente, descubriuse que Tillman morrera por disparos de soldados do propio exército dos EUA.

Polo que respecta a Lynch, a presunta operación de rescate nun hospital iraquí, coa soldado usando a súa arma "até quedar sen balas" resultou non existir nunca. A realidade, segundo despois se coñeceu, fora que os propios soldados iraquís abandonaran a Lynch no hospital, onde recibiu atención médica por parte de médicos iraquís até que os soldados estadounidenses a atoparon. "Os estadounidenses son capaces de determinar os seus propios ideais e heroes e non precisan de que lles conten historias ficticias", laiouse a propia soldado.


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: