O servizo de prensa do Kremlin confirmou a noticia a primeira hora da tarde deste luns.
Segundo a axencia Interfax, o ex dirixente ruso faleceu de forma repentina. Todo indica a que a causa da morte pode ser os problemas de corazón que padecía. De feito, cedeu o poder a Putin en decembro de 1999 logo de sufrir varias crises cardíacas.
Boris Ieltsin foi o primeiro presidente de Rusia elixido de forma democrática despois da renuncia de Mijail Gorbachov como líder da Unión Soviética. O dirixente, un dos responsábeis da chegada da economía de mercado ao país, gañou dúas veces as eleccións antes de ter que renunciar por mor dos seus problemas de saúde.