Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
John McCain asegura que hai que “Bomb Iran!”

Banaliza unha hipotética guerra con Irán versionando os Beach Boys

O aspirante a candidato á presidencia dos EUA cámbialle a letra a un tema dos Beach Boys para contestar a unha pregunta sobre as tensións coa república islámica.

Redacción - 12:00 20/04/2007
Tags:



Quen lle ía dicir ao senador republicano John McCain que con só unha frase dunha canción podía protagonizar o vídeo máis visto no YouTube da semana?

Foi o pasado mércores cando o aspirante a candidato presidencial utilizou o seu particular sentido do humor para contestar a unha pregunta sobre un posíbel ataque estadounidense a Irán. “Bomb bomb bomb... bomb bomb Irán” foi a resposta do senador, que lle cambiou a letra á coñecida canción dos Beach Boys 'Barbara Ann' para facer o chiste.

O vídeo da “actuación” pouco tardou en estar no YouTube e en converterse no máis visto da semana. De momento, xa vai camiño das 120.000 visitas, moito máis que calquera vídeo de CitizenTube, o portal político do YouTube.

The Beach Boys interpretan 'Barbara Ann'


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: