Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Unha manifestación percorrerá Compostela

Chaman o profesorado de infantil e de primaria a un paro o 3 de maio

CIG-Ensino e STEG protestan contra a ampliación da xornada lectiva en xuño e en setembro.

Redacción - 17:27 19/04/2007
Concentración do profesorado o mércores en Compostela / Foto: CIG

Concentración do profesorado o mércores en Compostela / Foto: CIG

O profesorado de infantil e de primaria está convocado a unha folga o 3 de maio para protestar contra a supresión da xornada reducida en xuño e en setembro. Os sindicatos CIG-Ensino e STEG están descontentos coa actitude da Consellería de Educación de publicar o calendario escolar no Diario Oficial sen ter consultado con eles.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, afirmou que a actitude da consellaría “é unha provocación cando hai un clamor do profesorado en contra dunha decisión unilateral e antidemocrática”. Pola súa banda, Xosé Cabido, do STEG, criticou que se aumente a carga lectiva dos profesores sen ter en conta criterios pedagóxicos. Os dous coincidiron en salientar que a medida prexudica a conciliación da vida familiar e laboral do profesorado.

Os mestres tamén están chamados o mesmo 3 de maio a unha manifestación en Compostela, que partirá da praza do Toural ás once e media da mañá e rematará diante da sede da consellaría, en San Caetano.

No caso de que non haxa entendemento con Educación, os dous sindicatos estudan tomar medidas máis drásticas, como chamar á insubmisión fronte ao horario de xuño e de setembro, e convidaron o resto das forzas sindicais a secundar as convocatorias.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: