 
A animación 3D, os efectos especiais dixitais e os videoxogos contan cunha nova plataforma en internet para a súa promoción. Trátase dunha canle de televisión, que patrocinan a Xunta, Caixa Galicia e a UDC.
 
											Logo da nova canle
Mundos Digitales TV, da compañía Ilux Visual Technologies, é unha nova televisión para a internet que ten como obxectivo o de promover a animación 3D, os efectos especiais dixitais e os videoxogos. A súa posta en marcha enmárcase dentro das actividades do Festival Internacional de Animación Mundos Dixitais, que terá lugar na Coruña do 3 ao 7 de xullo. 
A iniciativa conta co apoio de Fundación Caixa Galicia, a Universidade da Coruña e da Xunta de Galicia, para que na nova canle "teña cabida todo o cine de animación e de efectos especiais visuais".
  Curtametraxes independentes 
Os contidos audiovisuais xerados desde o propio festival, así como curtas de animación clásicos de estudos e artistas independentes, terán cabida nesta televisión. Ademais, contará con resumos do evento, entrevistas aos conferenciantes e material presentado ao Festival de Competición. 
Mundos Digitales TV, utiliza a plataforma inVoDKA.tv, desenvolvida por LambdaStream, que permite a operadores e a programadores distribuír todo tipo de canles de televisión por Internet, tanto con contidos en aberto como de pago.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto