Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Agarda poder recompoñer un pacto de goberno

"Se non son alcalde, o 28 de maio voume para casa", di o actual rexedor de Ferrol

Juncal asegura que non estará na oposición municipal se fracasa na loita pola alcaldía. Con todo, non descarta presidir a deputación se o PPdeG recupera o control do ente.

Europa Press - 10:15 08/04/2007

"Son un home do PP e estou a disposición do partido", respondeu o actual alcalde de Ferrol, Xoan Juncal, durante a entrevista concedida a Europa Press. Juncal non parece ver con malos ollos a alternativa persoal de presidir a Deputación da Coruña, caso de que os populares conseguisen recuperar o control do entre provincial. Malia unha hipotética perda do poder municipal en Ferrol, a súa condición de presidente do PPdeG na provincia da Coruña colocaría en boa situación a Juncal para optar a ese sillón.

Sobre as fendas que nos últimos meses sufriu o seu partido en diversos municipios, o líder dos populares coruñeses asegura que "non existe unha desbandada" e cualifica a formación de listas independentes de "casos puntuais de xente que non é xenerosa" e que "non comprenden que hai que seguir coa evolución do partido".

Xoán Juncal asegura que en calquera caso esta será a última vez que irá como candidato do PP en Ferrol e que se non consegue maioría abondo para gobernar desde o próximo mes de maio, deixará o liderado do partido na cidade nas mans doutra persoa. Por outra parte, Juncal amósase pouco optimista sobre o balance da recente lexislatura insistindo en que accedeu ao manda "nunha situación moi complicada desde o punto de vista económico e político". Nesa liña, asegura que o seu goberno dedicouse principalmente neste tempo a "tapar buratos". "Sentáronse as bases para un desenvolvemento posterior", defende.

Por outra parte, en materia de urbanismo, o alcalde de Ferrol afirma que a situación actual a nivel dos concellos non precisa de modificacións legais. Na súa opinión trátase só dun "problema de persoas", indicando que "hai políticos que se poden deixar seducir e outros que non". Na súa opinión "pódese ser empresario e estar en política defendendo o interese xeral e non o particular".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: