Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Xunta autorízaa a asinar convenios co ministerio e os concellos

Vivenda inviste 5,2 millóns de euros na rehabilitación de áreas históricas

Con este importe preténdese cumprir cos obxectivos do Plan de Vivenda 2005-2008.

Redacción - 18:58 29/03/2007

A Consellería de Vivenda e Solo pretende recuperar 866 vivendas das áreas de rehabilitación do país, tanto dos centros históricos como das de tipo integra. O Consello da Xunta do xoves 29 autorizouna a investir 5,2 millóns de euros a este fin e a asinar convenios co Ministerio de Vivenda e os concellos, que tamén achegarán, xunto aos propietarios dos inmóbeis, as cantidades necesarias para cumprir os obxectivos do Plan de Vivenda 2005-2008.

As melloras beneficiarán 866 edificios, dos que 333 forman parte de 24 áreas de rehabilitación dos centros históricos da Coruña, Betanzos, Corcubión, Ferrol, Muros, Noia, Santiago, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Allariz, Castro Caldelas, Celanova, Ourense, Ourense-Seixalbo, Ribadavia, Verín, Cambados, Tui, Vigo e Vigo-Bouzas.

As restantes 533 actuacións dedicaranse a áreas de rehabilitación integral en trece zonas: A Coruña-Sagrada Familia, Ferrol-A Graña, Neda, Mugardos, Padrón, Santiago de Compostela-Vista Alegre, Chantada, Lourenzá, Sarria, Vilalba, Cangas, Vilagarcía-Carril e Vilagarcía-Vilaxoán.


4.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: