A novela O home inédito leva un mes á venda, ao tempo que se pode descargar de balde na rede.
Capa do libro
O escritor Carlos G. Meixide presenta o xoves 29 en Compostela o seu libro O home inédito, editado por Ediciós da Rotonda e publicado so unha licenza Creative Commons. A novela xa tivo un importante éxito na rede, con máis de 1.500 descargas de balde, e leva un mes á venda en papel co apoio técnico de Rinoceronte Editora.
O acto de presentación terá lugar a partir das sete da tarde no pub Medusa de Santiago, e contará coa participación, ademais do autor e dos responsábeis da Rotonda, María Yáñez e Berto Yáñez, de Tomás Lijó, Marga Alborés, Carlos Santiago, Suso Sanmartín, Miguel de Lira, Xesús Ron e Sechu Sende.
A comezos de mes, Carlos G. Meixide publicou na rede este vídeo de presentación: