Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Iguala o palmarés da Comunidade de Madrid

A selección galega revalida o seu título no estatal de duatlón

Galiza acadou novamente o primeiro posto no Campionato de España de duatlón, celebrado esta fin de semana en Torre del Mar, Málaga.

Redacción - 09:05 26/03/2007

A selección galega impúxose na clasificación xeral cun total de 510 puntos, 45 máis que a Rexión de Murcia e 60 máis que Euskadi e a Comunidade Valenciana. Os triunfos en cadetes feminino e masculino e júnior feminino na xornada do sábado foron fundamentais para acadar o primeiro posto.

Melina Alonso e Sabela Fraga do Cidade de Lugo-Fluvial foron primeira e segunda en cadete feminino. No cadete masculino Álvaro Vilela do Bricosa de Santiago entrou primeiro na meta mentres que Aleixandre Pérez acadou o terceiro posto. Pola súa parte, en júnior feminino Alba Cuba, tamén do Cidade de Lugo foi primeira, seguida de Sara Velo do Fogar de Carballo.

O domingo, o cadro de vitorias estivo máis repartido. A Comunidade Valenciana acadou dous triunfos mentres que o resto de categorías foron para a Rexión de Murcia e Euskadi nas categorías absolutas, e para Cataluña e Comunidade de Madrid nas sub 23.

Clasificación xeral final

1. Galicia 510 puntos
2. Rexión de Murcia 465 puntos
3. Euskadi 450 puntos
3. Comunidade Valenciana 450 puntos
5. Andalucía 430 puntos
6. Comunidade de Madrid 415 puntos
7. Cataluña 400 puntos
8. Castela e León 390 puntos
8. Castela A Mancha 390 puntos
10. Cantabria 325 puntos
11. Estremadura 310 puntos
12. Canarias 170 puntos
13. Baleares 90 puntos
14. Navarra 70 puntos
15. Asturias 39 puntos
16. Ceuta 20 puntos


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: