O obradoiro Espazo de proxectos. Liñas paralelas que se cruzan ofrece estratexias para o desenvolvemento de experimentos visuais a partir de elementos da vida diaria.
Obra de Erick Beltrán
O Centro Galego de Arte Contemporánea presenta do luns 19 ao venres 23 un taller que impartirán o artista Erick Beltrán, a especialista en comunicación Lourdes Jayo e o deseñador Eduardo Barrera. Espazo de proxectos. Liñas paralelas que se cruzan está dirixido tanto a investigadores como a alumnos das áreas de Ciencias Sociais, Comunicación Audiovisual, Antropoloxía e xente interesada na construción do discurso e na comunicación en xeral.
O obradoiro desenvólvese en sesións de mañá (de once a dúas) e de tarde (de catro a sete). Durante as cinco xornadas, o alumnado coñecerá a obra Maduración de Ostwald, de Erick Beltrán, que forma parte da mostra Rexistros e hábitos, e revisará o cruzamento de disciplinas de artistas e deseñadores. Como parte práctica, crearán proxectos visuais experimentando a edición de imaxes fíxas e en movemento.