Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
74 quilómetros ao día

Un aventureiro lugués bate a marca de travesía polar

Xesús García Juanes percorreu 816 quilómetros por Finlandia co obxectivo de alertar sobre o cambio climático.

Redacción - 16:15 18/03/2007
O galego viviu en persoa as consecuencias do cambio climático

O galego viviu en persoa as consecuencias do cambio climático

O expedicionario galego iniciou este domingo o seu regreso desde o país nórdico logo de superar a marca de travesía polar que posuían desde 2001 os españois Naranjo e Larramendi. Para iso, tivo que pedalear durante máis de dez días unha media de 74 quilómetros nunha bicicleta especial preparada para a ocasión.

O lugués sufriu no seu periplo as consecuencias do cambio climático que precisamente quería denunciar coa súa aventura. Segundo informa a axencia EFE, atopouse con temperaturas máis altas das agardadas para a época, entre menos 10 e 6 grados, e incluso a falta de neve e a chuvia fixeron que tivese que pedalear algúns treitos por estradas convencionais.

Juanes, cunicultor de 45 anos, xa realizara diversas travesías polares e outras fazañas como ascender ao Kilimanjaro medio espido.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: