Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
O prazo de entrega de orixinais remata o 13 de abril

Convocado o X Certame Literario San Xurxo

O Centro Galego de Barcelona convocou este mes o xa clásico Certame Literario de San Xurxo, que este ano chega á décima edición.

Xabier Paradelo - 11:00 16/03/2007
Amauta Castro e Noemí Estévez gañaron o certame en 2006

Amauta Castro e Noemí Estévez gañaron o certame en 2006

Ao concurso pódense presentar obras que non fosen premiadas noutros concursos e conta con dúas modalidades: prosa e verso, cun premio de 300 euros para cada unha. Os textos, ou ben estarán escritos en galego, ou ben en galego, catalán ou castelán pero ambientadas ou con referencias a Galiza ou á Galiza do exterior.

A extensión dos traballos deberá ten un tope de 60 versos para a modalidade de poesía e 20 páxinas para a prosa. Cada obra entregarase nun sobre pechado con 4 copias onde figure o pseudónimo. Noutro sobre pechado dentro do anterior farase constar o nome, o enderezo e o número de telefono do autor. Cada sobre conterá só unha obra. En todos eles (sobres e obra) deberá figurar o pseudónimo do autor.

Ademais, as obras que non estean escritas en galego deben estar ambientadas en Galiza ou na diáspora galega, ou conter referencias a estas dúas realidades. As obras non premiadas poderán recollerse durante os meses de maio e xuño, mentres que as obras premiadas quedarán en poder da Entidade que as poderá publicar nos medios que crea oportunos.

Os compoñentes e o fallo do xuri daranse a coñecer o mes de abril. O prazo de entrega remata o 13 de abril e os traballos pódense enviar por correo ou entregalos na secretaría do Centro Galego de 16 a 22 horas.

O resultado do certame do ano pasado fora comunicado o 23 de abril no transcurso dun acto lírico e musical. No concurso resultara premiada, na modalidade de poesía, a obra en galego de Amauta Castro e, na modalidade de prosa, a narración de Noemí Estevez La Terra Obstinada, escrita en catalán con temática galega.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: